A compañía Pedras de Cartón representa este domingo en Valdoviño Lázaro de Tormes

O Concello de Valdoviño pechará a programación cultural do mes de abril coa obra teatral «Lázaro de Tormes», da compañía Pedras de Cartón. A función está programada para este domingo día 30 ás 19:00 horas, con entrada libre ata completar aforo. Unha obra pensada para todos os públicos que recibía en 2020 a mención especial do xurado no Festival de Teatro Clásico de Almagro.

A compañía aborda nela o clásico picaresco, pero contado e representado, por primeira vez, con máscaras e sen palabras. Para iso, conta con profesionais cunha ampla traxectoria no teatro infantil e xuvenil, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro. Unha delicia de posta en escea para un clásico de obrigado cumprimento.

Lea también

Sequeiro toma el relevo como sede de la XXII Muestra de Asociaciones de Valdoviño

Está organizada por las entidades vecinales, culturales y deportivas, con la colaboración del Ayuntamiento y …