A concelleira de Cultura e Educación de Neda, Eva Olmo, animou á cidadanía a participar da oferta formativa das Escolas Culturais Municipais. Unha oferta que inclúe idiomas, música e informática, entre outras propostas. O prazo de inscripción manterase aberto durante todo o mes de outubro e o prezo das actividade oscila entre os 9,74 e os 22,24 euros ao mes en función da idade do alumno.
Nesta liña, Eva Olmo deu conta da programación actividade por actividade: talleres de memoria; clases de inglés para adultos e nenos; sesións de calceta; obradoiros de informática tanto de iniciación como de perfeccionamento, e clases de música (en concreto, gaita e piano). Todas elas impartiranse en horario de tarde, luns, martes ou mércores.
A concelleira Eva Olmo explicou que as persoas interesadas en anotarse tan só deben formalizar a inscripción na Casa da Cultura ou ben chamar ao número de teléfono 981 39 02 33. Horario: de 9 a 13 horas. ¿Os prezos? Para as persoas me-nores de 14 anos, 9,74 euros ao mes; 13,91 euros para aqueles entre 14 e 18 anos, e 22,24 euros para os maiores de idade. Así mesmo, establécese unha matrícula de 8,35 euros para menores de 18 e de 16,68 para maiores. Matrícula que tan só se debe pagar o primeiro ano.
Así mesmo, o Concello plantea diferentes bonificacións que van do 10 ao 90%. Entre estas, para pensionistas, familias numerosas