Axenda en Narón do 31 de marzo ao 2 de abril

A axenda no Concello de Narón nos próximos días ven marcada polas seguientes actividades destacadas :

Viernes 31 de marzo

-Actividade: Presentación do libro “Receitas para cociñar o ar”

A Biblioteca municipal de Narón (planta soto)  acollerá as 18.30 horas, a  presentación do último libro do escritor, actor e director teatral Pepablo Patinho. O acceso é libre ata completar a capacidade da sala. 

-Actividade: Charla “Stop Velutina”

O Concello de Narón e a delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura convocan esta charla, aberta á cidadanía en xeral e na que se informará sobre o control primaveral das raíñas de vespa velutina e a importancia do trampeo. Será no Centro cívico social de Doso, as 19.00 horas.

Actividade: “VIII Festival Internacional do monólogo teatral Singular”. Representación de “Feirantes”

A compañía galega Pegadas Culturais estrea na Casa de Cultura as 20.30 horas, esta obra; un percorrido de microteatro con catro pezas onde o espectador verá un reflexo de si mesmo en catro personaxes. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

 

Sábado 1 de abril 

Actividade: Visitas guiadas ao muíño de Xuvia

O Concello e Narón organiza unhas visitas guiadas ao muíño de Xuvia nas que se ofrecerá información sobre os traballos e se poderá ver o resultado do proxecto de rehabilitación antes de proceder a iniciar as labores de musealización da construción. O acceso será por grupos, dous de xeito simultáneo, e por orde de chegada ás inmediacións do muíño. Horario de 16.30 a 20.30 horas .

-Actividade: Ópera bufa “El barbero de Sevilla”

A compañía Concerlírica trae o Pazo da Cultura a ópera bufa “El barbero de Sevilla”, dividida en dous actos e ambientada na Sevilla do século XVII. A peza, dunha duración aproximada de dúas horas e media, con dous descansos conta a historia de amor en clave de humor e comedia. A función comezará as 20.00 horas, e as entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

 

Domingo 2 de abril 

-Actividade: Visitas guiadas ao muíño de Xuvia

O Concello e Narón organiza unhas visitas guiadas ao muíño de Xuvia nas que se ofrecerá información sobre os traballos e se poderá ver o resultado do proxecto de rehabilitación antes de proceder a iniciar as labores de musealización da construción. O acceso será por grupos, dous de xeito simultáneo, e por orde de chegada ás inmediacións do muíño. Horario de 16.30 a 20.30 horas .

Actividade: “Hip Hop Galician Dance Tour”

O Concello organiza este campionato de baile, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde (12.30 a 19.30 horas) , en colaboración co Club de Baile Deportivo Narón. A cita será no Pazo da Cultura e consistirá nun circuíto de catro probas que se celebra por primeira vez en Galicia.

 

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …