Mulleres do ano 2023 en Narón

 
A Cea das Mulleres no restaurante Casa Becerra de Narón acolleu o sábado 11 de marzo,  a homenaxe a catro Mulleres do Ano deste concello.
 
Xunto coa nomeada como Muller do Ano de Narón 2023, a empresaria Eva María Pena Novo, propietaria de Calzados Mara, tamén se fixo o propio xunto coas nomeadas nas tres edicións anteriores, debido a que a pandemia da Covid-19 impediu convocar esta celebración.
 
A condutora do acto foi a actriz naronesa Iolanda Muíños, que presentou ás asistentes á convocatoria, entre elas a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, a edil de Igualdade, Mar Gómez, e outras representantes da corporación local. A profesora Julia Rodríguez, a integrante de Protección Civil Manoli Castro e a presidenta da AVV Virxe de Fátima e vicepresidenta da Sociedade Cultural Areosa de Piñeiros, Maribel Mouriz, Mulleres do Ano de Narón nos anos 2020, 2021 e 2222, respectivamente, recibiron por sorpresa este recoñecemento público xunto con Eva María Pena, se ben cada unha delas tivo o seu propio espazo, no que se proxectou un vídeo cunha entrevista a cada unha delas e tamén tiveron a oportunidade de dirixirse ao resto de mulleres que as acompañaron.
 
Ao remate de cada proxección dos vídeos a alcaldesa entregoulles un ramo de flores para despois tomar a palabra. Ferreiro asegurou, en relación ás homenaxeadas, que “nos sentimos moi orgullosas de cada unha de vós”, e mencionou tamén a Iolanda Muíños, a presentadora do acto, que conta tamén coa distinción de Muller do Ano de Narón dende o ano 2013. “As vosas traxectorias son un exemplo para moitas de nós e tamén para outras persoas que non puideron acompañarnos hoxe”, apuntou a alcaldesa, que lles reiterou os parabéns por ese nomeamento, aprobado no pleno municipal, e as animou a desfrutar do seu día.
 
Tralas intervencións todas as mulleres desfrutaron dunha cea e posteriormente dunhas horas de música e baile para pechar este novo acto enmarcado no programa municipal do Día Internacional das Mulleres.
 

Lea también

Seis deportistas del Club Arco Narón consiguen clasificarse para el Cto de España indoor

Esta semana se desplazan hasta Valladolid 6 jóvenes deportistas de la Escuela Deportiva Municipal de …