O pavillón da Mocidade, na Gándara, acolle dende o sábado 11 e ata a tarde do domingo 12 de marzo a primeira edición da “Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage” organizada polo Concello de Narón.
Os edís de Promoción Económica, David Pita, Deportes, José Oerona e Igualdade, Mar Gómez, desprazáronse o sábado ás citadas instalacións con motivo do inicio deste evento, ata o que ao longo da mañá se achegaron numerosas veciños da cidade e comarca. Sellas de madeira, vinilos, libros antigos, gramófonos, moedas, obxectos decorativos e ata un piano, entre moitos outros artículos, poden verse e adquirirse o longo da fin de semana na trintena de postos que participan nesta convocatoria. Dende o Concello destacouse “a gran variedade de artículos que se poden atopar nesta feira, de interese para particulares que lles gusten as antigüidades e tamén para coleccionistas, que teñen a oportunidade de atopar pezas únicas”.
Unha gran parte dos anticuarios e coleccionistas que decidiron vir a esta feira proceden de concellos galegos e outros de comunidades como Castela León, Asturias e incluso de países veciños como Portugal. Dende o colectivo amosaron tamén a súa satisfacción pola xente que estaba achegándose ó Pavillón da Mocidade e pola diversidade de postos de venda nesta feira que se convocou por primeiro ano na cidade. A feira, con entrada de balde, pode visitarse tamén este domingo de 10.00 a 14.00 e dende as 16.00 ata as 20.30 horas.