Narón potencia o tecido empresarial coa web «Business Narón»

 

O Concello de Narón continúa traballando no proceso de actualización da web Business Narón http://business.naron.es/ e tal e como avanzou o edil de Promoción Económica, David Pita, ofrécese ás empresas locais a posibilidade de formar parte da mesma. “Todas aquelas empresas interesadas poden contactar con nós para que se realice un vídeo e fotografías que se incluirán na web, co fin de posicionar os negocios locais nas redes sociais”, explicou Pita.
 
Aqueles empresarios e empresarias interesados na iniciativa deben enviar un correo electrónico á dirección: me.mendez@naron.es, indicando o nome da empresa, o da persoa de contacto e un teléfono para poder acordar o momento no que se realizará o traballo.
 
Para calquera dúbida pódese chamar ao número de teléfono 981 337 7 00 (Extensión 1204). “A través desta iniciativa queremos dar a coñecer o gran potencial das empresas asentadas na cidade, de moi diversos sectores e que realizan un destacado labor nas súas respectivas áreas”, recalcou o edil naronés.

Lea también

Náutico de Narón tras una gran actuación de sus nadadores se pone líder de la segunda división

El Náutico de Narón después de una gran actuación de sus nadadores se pone líder …