O Concello de Narón acada cinco certificados de profesionalidade para os cursos de formación

 
 
A Xunta de Galicia ven de acreditar as instalacións municipais do centro de formación Irmás Froilaz para impartir cinco especialidades formativas con certificado de profesionalidade para o alumnado.
 
Trátase, tal e como indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro, das accións: Empregado doméstico (nivel 1) de 300 horas (80 de prácticas); Traballos de carpintería e moble (nivel 1) de 300 horas (80 prácticas); Soldadura con electrodos revestidos e TIG (nivel 2) 810 horas (40 prácticas); Soldadura oxigas e soldadura MIG/MAG (nivel 2) 670 horas (40 prácticas) e Xestión de residuos urbanos e industriais (nivel 2) 340 horas (120 practicas).
 
Estas novas homologacións súmanse ás xa existentes de: Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (nivel 2) 450 horas (80 prácticas); Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (nivel 2) 600 horas (120 prácticas); Montaxe de mobles e elementos de carpintería (nivel 2) 460 horas (80 prácticas)
 
En conxunto, na actualidade o Concello de Narón conta con oito homologacións con certificado de profesionalidade.
 
A alcaldesa explicou que o feito de homologar dous cursos de nivel 1 como Xestión doméstica e Traballos de carpintería e moble, nos que o alumnado non precisa de formación académica para acceder, vai permitirlles unha vez superado o curso acceder a un certificado de nivel 2 da mesma familia profesional, como os de Atención sociosanitaria e Montaxe de mobles e carpintería respectivamente, xa que os certificados de nivel 2 requiren de certas titulacións académicas para o acceso.
 
A través deste sistema de acceso o alumnado disporía de dous certificados de profesionalidade, demostrando unhas óptimas competencias profesionais certificadas.
 
Ferreiro amosouse moi satisfeita e asegurou que “era o obxectivo do concello homologar novas especialidades, unha tarefa para a que levamos moito tempo traballando e investindo co fin de dotar ao centro de formación Irmás Froilaz e ás aulas e os talleres do equipamento e maquinaria necesarios para acadar estas novas homologacións. Deste xeito ofrecemos ás persoas desempregadas de Narón e da nosa contorna maiores opcións de traballo”.
 
Así mesmo, a alcaldesa destacou que Narón ademáis “convértese así no único centro homologado no certificado de profesionalidade de Xestión de residuos urbanos e industriais da provincia da Coruña, así como no Concello que dispón de máis certificacións da comarca en diferentes familias profesionais: madeira, moble e corcho; fabricación mecánica; servicios socioculturais e á comunidade, e seguridade e medio ambiente”

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …