Últimos días en Narón para inscribirse na “II Carreira e andaina pola Igualdade”

Este mércores día 1 de marzo, ás 23.30 horas, rematará o prazo de inscrición na segunda edición da “Carreira e Andaina pola Igualdade” organizada polo Concello de Narón con motivo do Día Internacional da Muller.

Na actualidade están apuntadas preto de 400 persoas, podendo anotarse aquelas que o desexen a través da páxina www.carreirasgalegas.com. Para calquera das modalidades elixidas, carreira ou andaina e independentemente da idade dos participantes, é imprescindible inscrición previa e recollida de dorsal.

A recollida de dorsais e chips poderase efectuar no pavillón da Gándara este venres 3 de marzo de 16.30 a 20.30 horas; o sábado 4 de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 e o domingo 5 dende as 8.30 ata as 9.30 horas.

A iniciativa enmárcase no programa conmemorativo do 8 de Marzo e inclúese no III Plan de Igualdade de Narón. A saída e meta de ambas probas será das inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara e o circuíto pola zona da Gándara.

A carreira terá unha categoría infantil, con saída ás 10.00 horas e outra absoluta, dende as 11.00 horas para cinco minutos máis tarde, ás 11.05 horas, dar a saída da andaina, na que poderán participar persoas de todas as idades.

O prezo de inscrición é de catro euros para a carreira absoluta e para a andaina, sendo gratuíta para os menores. Haberá premios para as tres primeiras mulleres e homes das categorías absolutas e tamén das non oficiais. A participante feminina de maior idade que remate a carreira tamén recibirá un premio e nas categorías de menores levarán medallas todos os participantes.

O Comité Galego de Xuíces controlará a proba e ofrecerase servizo de aseos e duchas no pavillón polideportivo da Gándara

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …