Valdoviño celebra o Día de Rosalía sumando unha nova obra artística á paisaxe local

Valdoviño, conmemora o Día de Rosalía cun novo mural adicado á poetisa e novelista. A pesares do tempo inestable das últimas xornadas, o pintor Manuel Carballeira aproveitaba os claros para lograr rematar, este xoves, día 23 de febreiro, coincidindo coa xornada, o novo mural adicado á poetisa.

Máis de 3.000 letras feitas a pincel conforman a súa faciana, que loce espectacular coa praia pequena de fondo. Un agasallo para a vista e unha lectura á beira da Frouxeira, xa que esas 3.000 letras forman parte dalgúns dos poemas da obra de Rosalía.

Un particular tributo á autora, presente tamén na edificación a través dunha primeira obra creada polo propio Carballeira hai agora un ano. Unha Rosalía surfeando entre poemas que non deixa de sorprender

Lea también

Ares aumenta a oferta de rutas de sendeirismo cun terceiro itinerario ata Punta Segaño

A concelleira de Turismo, Lucía Blanco, presentou o novo camiño, que transcorre integramente pola parroquia …