Incorporación de dous novos axentes como funcionarios de carreira á Policía Local de Narón

 
Os axentes da Policía Local Juan José Cela López e Santiago Salgado Morado, tomaron oficialmente o martes 14 de febreiro, posesión do seu cargo como funcionarios de carreira no Concello de Narón.
 
A alcaldesa, Marián Ferreiro, deu a benvida ós dous novos policías nun acto ó que tamén asistiron o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, e o secretario xeral do Concello, Alfonso de Prado. Os dous novos axentes incorpóranse ao seu posto tras superar as fases previas na Academia Galega de Seguridade Pública e as pertinentes prácticas.
 
A rexedora local interesouse polo proceso formativo dos policías, e valorou o feito da súa incorporación ó plantel da cidade, “integrado por un grupo de profesionais moi comprometidos e implicados no seu traballo diario”.
 
A alcaldesa recordou que coa incorporación dos dous axentes o plantel da Policía Local de Narón queda actualmente integrado por 39 persoas.

Lea también

Apertura en Narón do novo Complexo das Piscinas de Verán do Couto

Os abonos mensuais pódense adquirir desde este mércores nas oficinas do Padroado de Deportes en …