«Sonando local», unha innovadora plataforma audiovisual coa presenza dos medios

As Emisoras Municipais Galegas formarán parte da primeira plataforma OTT de Europa con contidos producidos dende o local sobre sostenibilidade, xustiza social e revitalización do medio rural. Máis de 150 medios locais públicos e comunitarios lanzarn o Día Mundial da Radio a plataforma Sonando Local.

Emuga-Radiofusión é unha das catro redes de medios de proximidade do Estado incluída no marco do proxecto ONDA ODS que inaugurou este 13 de febreiro a primeira plataforma OTT de contidos audiovisuais producidos dende o local en Europa.

Para celebrar este Día Internacional da Radio e logo dun ano de traballo conxunto na implantación da campaña Onda ODS, a Asociación de Emisoras Municipais Galegas, a Asociación de Emisoras Municipais e Comunitarias de Andalucía de Radio e Televisión, a Rede Estatal de Medios Comunitarios e RTV Cardedeu (La Xarxa), lanzaron esta innovadora ferramenta adaptada ao consumo actual dos contidos audiovisuais.

O galego é un dos catro idiomas nos que Sonando Local ofrece os seus contidos producidos dende os medios de proximidade e destinados a sensibilizar á poboación sobre os retos globais aos que nos temos que enfrontar a longo das vindeiras décadas. Medioambiente, igualdade de xénero, revitalización de medio rural, traballo digno ou a loita contras as desigualdades son algunhas das temáticas que se amosarán nesta plataforma. Os usuarios poderán visualizar ou escoitar de balde materiais moi familiares a través dos que se favorecerá a consecución dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados na Axenda 2030.

ONDA ODS é un proxecto coordinado por EMA-RTV no que participan máis de 150 radios e televisións locais financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

Lea también

El Aula UNED de Ferrol acoge una conferencia sobre el impacto del Nilo en el Antiguo Egipto

El Aula UNED de Ferrol (situada en la calle María, 52-54) se convertirá este viernes, …