Pontedeume recoñece o talento local na gala aos mellores deportistas da Vila

Santi Cruz, deportista do ano 2020

A Casa da Cultura de Pontedeume acolleu este sábado, día 28 de xaneiro, a gala de entrega de galardóns aos deportistas eumeses máis destacados das
últimas tempadas. Un acto moi especial no que se tivo a oportunidade, como lembrou o edil de Deportes, Joshua Dopico, “de poder mostrar e recoñecer o esforzo e sacrifico das nosas e nosos deportistas; así tamén como o loable traballo por parte da xente que de maneira totalmente desinteresada, dedica horas e horas ó longo de todo un ano para poder manter ás entidades no máis alto do panorama deportivo”.

Ademáis dos deportistas premiados, familiares, amigos, compañeiros de club, adestradores e directivos abarrotaron a sala do antiguo convento de San Agustín onde se entregaron os galardóns. Realizáronse mencións especiais por parte dos clubes, mencións especiais por parte do Concello de Pontedeume, galardoadas e galardoados por parte dos clubes e se rematou o acto cas entregas dos galardóns ós mellores deportistas das tempadas 2020 e 2021. O alcalde da vila, Bernardo Fernández, así que outros membros do goberno e da corporación, foron os encargados de entregar os recoñecementos aos atletas eumeses.

O rexedor local quixo pór o foco no traballo que realizan os clubes “sen os cales —dixo— non sería posible a supervivencia destas entidades deportivas” que tantos éxitos individuais e colectivos teñen colleitado. Bernardo Fernández tamén puxo en valor o talento local: “Non é normal que nunha vila deste tamaño haxa tantos deportistas de élite e que teñan obtido tan bos resultados en competición autonómicas, nacionais e mesmo internacionais. O vencello de
Pontedeume co deporte é moi especial”.

June Moreno, mellor deportista do ano 2021

Nas mención especiais por parte dos clubes, os galardoados foron:
Xulio Abelleira (ADC Monte Breamo)
Miguel Fontán (Eume Deportivo)
Acordes: Conxunto Alevín
Julio Varela (Escola Judo Pontedeume)

As mencións especiais por parte do Concello de Pontedeume foron para:
Ramón Placer (Mención Especial por parte do Concello de Pontedeume)
Juan Bedoya (Mención Especial por parte do Concello de Pontedeume)

Os premiados e premiados por parte dos clubes foron:
Rubén Tenreiro (ADC Monte Breamo)
Mara Iglesias (Club Acordes Pontedeume)
Iker Veiga e Antón Cao (CN Firrete)
Sabela Daviña e Eva González (CN Firrete)
Eume Deportivo Xuvenil
Eume Deportivo equipo Sénior

Miguel Portela e June Moreno (Escola Judo Pontedeume)
César Filegueiras e Pablo López (Club Balonmán Pontedeume)

Os premio para os deportistas eumeses do ano foron a parar a:
Santi Cruz (Mellor Deportista 2020)
June Moreno (Mellor Deportista 2021)

Lea también

“As Pontes, Terra de Cogomelos” premia ós mellores cociñeiros de Galicia

O xurado decidirá o próximo sábado 30 de novembro nun evento de portas aberta ao …