O Concello de Neda propón unha ruta de sendeirismo á Fervenza para desfrutar en familia

O programa #NedActívate continuará a próxima semana cunha proposta para toda a familia. Unha ruta de sendeirismo ata a Fervenza do Belelle que partirá da pista deportiva do Roxal. Un itinerario de dificultade baixa pensado para nenos/as e maiores co que desfrutar dunha contorna natural privilexiada.

Celebrarase o sábado 28 de xaneiro pola tarde, con saída prevista para as 16:30 horas. Así mesmo, tralo percorrido, duns 3 kms, o Concello habilitará na pista do Roxal un circuito de rocódromo para poñer o broche de ouro á xornada. Ideado para nenos/as e mozos/as de ata 13 anos, poderán amosar nel as súas habilidades na escalada.

A actividade é gratuíta, pero require de inscrición previa, e o prazo abréuse este mércores. Para anotarse, tan só é preciso chamar de luns a venres de 9 a 13 horas e de 16 a 20 h ao teléfono da Biblioteca Municipal: 981 39 02 33. Ata o mércores 25 de xaneiro.

Neste proxecto, que busca fomentar hábitos saudables dende a infancia a través do exercicio físico, e implicar a toda a familia, colabora a Asociación de Veciños San Pelaio e a SCD de O Roxal.

Lea también

Fallece un motorista, vecino de Fene, en un accidente de tráfico en As Pontes

Un motorista de 58 años, J.M.C. vecino de Sillobre, Fene, falleció pasadas las seis de …