Os traballadores de Correos de Ferrol denuncian falta de persoal e ausencia de contratación

Ás nove da mañá deste venres celebrouse unha concentración diante da Oficina Principal de Correos, en Ferrol,na praza de Galicia, seguindo coa campaña de concentraciones mensuais que a CIG ven celebrando para denunciar os recortes en contratación que están a sufrir os traballadores de Correos e que supoñen que, como media, cinco seccións de reparto estén sin cubrir e que o resto dos traballadores teñen que asumir o seu reparto, co correspondente incremento da carga de traballo .

Sinalan que a consecuencia desta falta de persoal é que moitas rúas de Ferrol queden todos os días sin repartir debido a que non é posible asumir esa carga de traballo extra polo resto da plantilla. «Hai un incumprimento sistemático, por parte de Correos como prestador do servizo postal universal, da obriga de repartir o correo en todas as zonas, como mínimo 5 días á semana».

Dende a CIG indican que » esta ausencia de contratación supón unha reestructuración encuberta por parte de Correos, que se vai traducir nunha eliminación de postos de reparto na cidade de Ferrol, co correspondente perxuizo para todos os usuarios do servizo postal».

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …