O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol mantivo na tarde do venres un encontro con representantes do colectivo de Artesáns afectados polas condicións «que o Concello impón na celebración do Mercado de Nadal previsto para celebrar na nosa cidade nas vindeiras semanas.»
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que de ser certas as condicións esixidas ás artesáns «limitan claramente a súa participación neste mercado cando os obxectivos do Concello deben ser facilitar a participación de expositores da nosa cidade«. As condicións esixidas pola empresa contratada polo Concello para a xestión deste evento «con prezos que van desde os 800€ até case os 2000€ sen ive por pouco mais de 3 semanas convirten a participación de moitos e moitas destas perosas en imposíbel.«
O BNG, así mesmo, lamenta o «atraso do Concello de Ferrol na planificación deste evento o que provocou que moitas destas persoas renunciaran a participar noutras feiras agardando para poder expor na nosa cidade e agora atópanse con esta situación.«
Iván Rivas esixe ao goberno local «unha redución significativa nos prezos para que estas persoas poidan finalmente participar no mercado de nadal da nosa cidade.»
O BNG lamenta tamén a falla de diálogo amosada polo goberno municipal de Ferrol con este colectivo «negándolles información, e negándose a recibilos para escoitar as súas demandas e as súas propostas.«