Acto de entrega dos vales do sorteo ós participantes no estudo do programa Narón Gastronómico

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción económica, David Pita, fixeron entrega este martes, día 15 de novembro no Concello dos vales do sorteo realizado entre as trinta e dúas persoas que participaron no estudo do programa Narón Gastronómico.

A recollida de datos para o estudo se realizou a través das enquisas que foron repartidas á clientela nos trinta e dous locales de hostalería colaboradores. Cada persoa premiada deberá entregar o seu vale no local de hostalería no que participou cubrindo a enquisa e recibirá unha cesta de produtos galegos mercados no comercio local.

O obxectivo deste programa é acadar o coñecemento e promoción dos locais de hostalería para favorecer a especialización de cada local coas observacións aportadas por cada cliente.

A alcaldesa e o edil naronés agradeceron a participación dos locais de hostalería, ó seu persoal e ás persoas que se achegaron e colaboraron na elaboración deste estudo aportando as súas opinións.

A alcaldesa manifestou asimesmo a vontade do Concello de seguir na liña de colaboración co sector a través de diversas iniciativas que favorezan o seu desenvolvemento na cidade.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …