O Esteo cae nun partido de moitos goles co Universidad de Valladolid

Instante do O Esteo – Universidad de Valladolid | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

Debacle do O Esteo este sábado á tarde no Monte Caxado, cun equipo que toca fondo tras perder 8-13, con record negativo de goles encaixados, contra o conxunto vallisoletano, que aínda gañando este partido sigue indo último clasificado, pois so sacara tres puntos na segunda xornada ante o Café Candelas O Parrulo «B» (6-4).

Os ponteses comezaron moi desbaraxustados, igual que ante o Leis, e xa perdían 0-3. Os xogadores fixeron o que puideron con apenas dous recambios para todo o encontro, e remendaron un pouco ata chegar ao descanso 3-5 con tres postes incluidos.

Pero no segundo período seguiu abultando a brecha, aínda que os locais sempre se mantiveron con vida, co 5-10 xa semellaba perdido, pero acercaronse 7-10 e 8-11 con tempo por diante, pero con porteiro-xogador o marcador marchou a un elevado 8-13 definitivo, sendo o cadro pontés a día de hoxe o máis goleado da categoría.

Mal pintan as cousas para un O Esteo con 9 puntos, empatado con Sala Ourense na criba do descenso, que perdeu dous match balls caseiros con malas sensacións ante dous rivais directos, e que a vindeira xornada visita a maravillosa localidade olívica para enfrontarse ao complicado Coruxo, sexto.

Nun partido con guarismos máis propios doutros deportes que de fútbol sala, Armand anotou cinco tantos, Clemente catro, Jandro tres, e doblete de Cokito.

O Esteo: Juan, Guillán, Héctor, Troncho, Jandro – Pablo, Jhony, Cokito.

Universidad de Valladolid: Pelayo, Álvaro, Clemente, Javi, Armand – Iván, Mario, Paniagua, David, Rubén.

Goles: 0-1, Armand (2´), 0-2, Álvaro (3´), 0-3, Armand (5´), 1-3, Cokito (7´), 2-3, Jandro (9´), 2-4, Mario (12´), 3-4, Troncho (17´), 3-5, Clemente (19´). 4-5, Jandro (22´), 4-6, Armand (23´), 4-7, Armand (24´), 5-7, Jhony (25´), 5-8, Clemente (26´), 5-9, Javi (27´), 5-10, Clemente (28´), 6-10, Héctor (29´), 7-10, Cokito (33´), 7-11, Pelayo (34´), 8-11, Jandro (35´), 8-12, Armand (36´), 8-13, Clemente (38´).

Incidencias. Amarelas a Jandro, Guillán, Troncho, Héctor. Expulsado con doble cartón o visitante Álvaro. Uns 80 espectadores neste sábado á tarde. Curiosamente os visitantes chegaron nun bus do heroico Balonmano Nava, equipo representativo de Nava de la Asunción, localidade de apenas 3000 habitantes, e que militou dende 2019-22 na Liga Asobal.

Lea también

El Baxi Ferrol organiza un viaje para la afición para vivir el derbi gallego en Lugo

El próximo domingo 22 de febrero se verán las caras Durán Maquinaria Ensino y el …