O BNG pide ao goberno local de Ferrol adaptar as ordenanzas fiscais a actual situación socio-económica

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol defenderá no pleno municipal unha iniciativa para esixir ao goberno local que presente unha proposta de ordenanzas fiscais «despois de máis de sete anos sen proceder a súa revisión e coa finalidade de que se adapten no seu conxunto asi como as súas bonificacións á realidade socio-económica actual

O portavoz do BNG, Iván Rivas, considera que o goberno local debe presentar unha nova proposta de ordenanzas fiscais, para o exercicio fiscal 2023, revisandoas e actualizando as bonificacións existentes nas mesmas de cara a axustalas as necesidades e realidades sociais e económicas actuais. «Estamos nunha preocupante crise enerxética e sometidos a unha inflación galopante, diante da cal as administracións públicas non poden permanecer alleas. Non é de recibo que o goberno local de Ángel Mato en todo o seu mandato non presentara ningunha proposta de renovación das ordenanzas fiscais, salvo modificacións puntuais obrigado pola crise da covid.«

O BNG considera que o Concello de Ferrol «non pode vivir alleo a grave situación económica que están a pasar moitos e moitas veciñas da nosa cidade. Unha situación que non só unicamente a padecen aquelas persoas ou familias que se atopan en situación de desemprego, xa que o encarecemento da vida, da luz, do gas e dos produtos básicos repercuten con máis dureza nas persoas que menos teñen. Diante disto, resulta unha obriga desta Administración non só coadxuvar á execución de políticas activas de emprego e formación senón tamén o estabelecemento dunhas Ordenanzas Fiscais que atendan a situación económico-social dos contribuíntes, de acordo cos principios de equidade e xustiza social.«

As bonificacións existentes nas ordenanzas municipais «estánse quedando obsoletas«. Para o BNG que o goberno local non tramitara a elaboración dunha proposta de ordenanzas é «unha eiva importante nunha administración pública». Cómpre lembrar que «unha das cuestións básicas na política económica da administración local son as ordenanzas fiscais polo que entende que o goberno local debe presentar unha proposta de Ordenanzas para o ano 2023, xa que a última revisión das mesmas é do ano 2016 e moitas veñen sen modificar do goberno do Partido Popular

Para Iván Rivas un dos piares da política económica municipal «pasa por establecer unhas ordenanzas fiscais acordes coa realidade socio-económica da cidade. Unha política onde os que máis teñen asuman unha maior responsabilidade fiscal no canto de facer tábula rasa para o conxunto de veciños e veciñas da cidade que ao longo dos últimos anos viron incrementada a súa presión fiscal mediante o incremento dos custes asociados as taxas como a expedición de documentos ou a imposición de novos tributos como a taxa de depuración de xeito indiscriminado

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …