O Esteo cae no derbi ante o Grupo Format Vilalba

Instante do O Esteo – Grupo Format Vilalba | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

O Vilalba; herdeiro do mítico Hotel Villamartín, e recén ascendido xunto ao Lugo Sala, con ambos comandando a táboa; pasou coma un ciclón polo Monte Caxado nun encontro que rematou con 3-9.

Os ponteses perderon por expulsión no primeiro tempo ao porteiro Juan, e non contaban co outro gardamallas Failde, e bastante ben o fixo o xuvenil Pablo.

Pero aínda con iso o equipo lucense foi moi superior, ben traballado, no 5 para 4, en superioridade, en inferioridade, con gran plantel, amplio, moi ben o gardamallas, tres goles de Fari, e capitanía de Isma, mítico do Santiago Futsal.

Ao descanso chegouse con 0-3, e o porteiro-xogador so serviu para encaixar tres goles máis. O Esteo tentouno ata o final, e maquillou un pouco o marcador ata o 3-9 definitivo.

O equipo pontés é duodécimo, xusto na criba do descenso, con 6 puntos, con so A Estrada, Segosala, Leis e Universidad Valladolid por detrás.

Próxima visita precisamente ao equipo de Segovia que nesta xornada logrou o seu primeiro triunfo e está adestrado pola lenda hispano brasileña, e un dos mellores xogadores da historia, Daniel Ibañes Caetano.

O Esteo: Juan, Cokito, Alberto, Jhony, Troncho – Héctor, Adrián, Jandro, Pablo.

Grupo Format Vilalba: César, Antón, Isma, Dieguito, Quintela – Fede, Fari, Diego, Aitor, Jorge, Víctor.

Goles: 0-1, Fari (6´), 0-2, Isma (7´), 0-3, Jorge (18´). 0-4, Fari (22´), 0-5, Fari (27´), 0-6, Antón (28´), 0-7, Quintela (29´), 1-7, Troncho (30´), 1-8, Fede (37´), 2-8, Troncho (38´), 2-9, Aitor (39´), 3-9, Héctor (40´).

Incidencias. Amarelas a Cokito, Jhony, Troncho, Héctor, Quintela, Isma, Jorge. Expulsados Adrián, Dieguito, Diego e con vermello directo o porteiro Juan.

Lea también

La Escuela de O Parrulo realizará una jornada de puertas abiertas para porteros y porteras

A falta de pocos días para empezar las vacaciones de verano, la Escuela de Fútbol …