Valdoviño conmemora o Día das Bibliotecas con talleres, teatro e retomando o Foro Literario

A programación arrancará o próximo venres día 21 de outubro co espectáculo «Minguante canta poesía galega» de Miguel Alonso. Dirixido a mozos e persoas adultas, terá lugar na Biblioteca ás 20,30 horas.

Nel, e a través da música da banda de Miguel Alonso, o público poderase achegar a autores actuais e clásicos da literatura galega. A entrada é de balde, sen inscrición previa.

Ó día seguinte, sábado 22, ás 11,30 h, a Biblioteca acollerá o obradoiro creativo «Debuxar letras» con Alba Farto. Para nenos a partir de 8 anos, neste caso é preciso inscribirse previamente na Casa da Cultura dende o luns 17 de outubro ata o venres 21 ou completar prazas.

Nel, as persoas participantes poderán aprender técnicas e estilos para o arte de debuxar letras a man de forma creativa, experimentando coas tintas e realizando deseños propios.

A programación continuará o domingo 23 coa obra de teatro «A viaxe de Mina» de Maio Creacións Artísticas. Con entrada de balde, dará comezo ás 18:00 horas no auditorio da casa da cultura. Unha obra sobre igualdade, respeto e tolerancia como vías para fomentar unha educación igualitaria que elimine ideas preconcebidas e prexuízos de carácter sexista.

O xoves 27 arrancará a segunda edición do Foro Literario. Guiado por Antón Cortizas, contará na primeira sesión coa escritora e tradutora Ana Varela. Para participar, será preciso inscribirse previamente na casa da cultura.

Como broche de ouro á programación, o 30 de outubro a compañía Pedras de Cartón traerá a Valdoviño a súa obra «Quixote». Con entrada de balde, dará comezo ás 18:00 horas no auditorio. A compañía afronta o texto de Cervantes, un dos máis coñecidos da literatura española, en clave de comedia. Cunha estética inspirada no pallaso clásico (moi ó estilo Fellini) e en clave de clown, abordan as escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu escudeiro Sancho.

A programación conta co apoio do programa Ler Conta Moito.

Lea también

Rapaces do CPI As Mirandas, Ares, indagan na construción dunha sociedade máis igualitaria

Ao longo do mes de novembro, como parte das programacións polo 25N en Ares, estudantado …