Concerto de MJ Pérez no CEIP Eladia Mariño, Cabanas, polo Día do Orgullo Neofalante

 
O Concello de Cabanas, a través da área de normalización lingüística, organiza o próximo luns 3 de outubro un concerto da creadora musical e dinamizadora MJ Pérez, no marco das conmemoracións do Día do Orgullo Neofalante
 
A actividade terá lugar ás 11.00h no CEIP Eladia Mariño, e está dirixida ó alumnado do último ciclo de primaria. Estes grupos, poderán asistir ó concerto-charla «Sube ó Galego» con MJ Pérez, unha das novas voces no panorama actual da música galega. 
 
“O obxectivo é promover un diálogo coa rapazada sobre a lingua e a experiencia artística, traballando sobre os diferentes referentes da mocidade e a súa relación cos valores das linguas”, indicou a concelleira de normalización lingüística, Paula González
 
MJ acumula máis de 100 concertos en diferentes cidades e vilas de Galiza e Portugal, e xa ten tres álbums: un autopublicado (Ollos que non ven, síntoma de cegueira) e dous autoproducidos (Guerrilleira e Casandra). A súa música de bebe da esencia da composición, unha fusión de diferentes estilos musicais co predominio do rock-pop. A palabra e a mensaxe dos temas adquiren un protagonismo especial xunto coa súa voz, chea de personalidade. 
 
Celebración comarcal
 
O Día do Orgullo Neofalante estase a celebrar, ademais de en Cabanas, nos outros concellos que comparten o servizo de normalización lingüística da Mancomunidade de Ferrolterra (Cabanas, Ares, Mugardos, Neda e Valdoviño). Os cinco concellos organizaron coincidindo con esta efeméride a exposición Cantámola, que foi presentada o pasado 19 de setembro en Cabanas, e que está a percorrer os concellos do servizo.

Lea también

Investigado un hombre de 76 años por la muerte de un perro en As Pontes

Un hombre de 76 años está siendo investigado por la Guardia Civil como presunto autor …