O Esteo retoma a As Pontes vencendo ao Unión Arroyo

Instante do O Esteo – Unión Arroyo | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

Despois dunha temporada enteira no exilio nas acolledoras terras somocenses, O Esteo volvía a exercer de equipo pontés este domingo á mañá no Monte Caxado recibindo ao Unión Arroyo.

Curiosidades da vida e do deporte, o derradeiro encontro do O Esteo en As Pontes, na Fraga, fora un 17 de maio de 2021, precisamente nun 2-3 co Unión Arroyo, de Valladolid, o rival de hoxe.

Debutaba na casa no coqueto e pequeño Pavillón de Monte Caxado un O Esteo que viña de perder 5-2 co Café Candelas O Parrulo «B» no derbi pero que hoxe gañou con contundencia, curiosamente co mesmo resultado que a campaña pasada ante este equipo.

Os primeiros vinte minutos foron intensos e con tres expulsados, Cokito e dous visitantes, entre eles o gardamallas, para o que non había reemplazo.

Pero no segundo período O Esteo foise alonxando pouco a pouco no marcador, con Javier na portería visitante, que tivo que exercer trinta minutos como porteiro cunha gran actuación. Próxima xornada visita ao Sala Ourense.

O Esteo: Juan, Héctor, Troncho, Jandro, Eloy – Jhony, Cokito, Adrián, Faílde.

Unión Arroyo: Josue, Adrián, Balle, Óscar, Cristóbal – Miguel, Caballero, Ofa, Diego, Javier.

Goles: 1-0, Jandro (3´), 1-1, Miguel, (6´), 2-1, Jandro (8´), 2-2, Cristo (9´). 3-2, Troncho (21´), 4-2, Jandro (24´), 5-2, Troncho (25´), 6-2, Troncho (26´), 6-3, Ofa (27´), 7-3, Adrián (31´), 7-4, Ofa (33´), 8-4, Adrián (39´).

Incidencias. Amarelas a Jhony, Óscar, Cristóbal. Expulsados con doble cartón Balle (16´), e con vermello directo Cokito (16´) e Josué (11´). Uns 50 espectadores.

Lea también

Samuel Penin regresa al Costa Ártabra para dirigir al senior femenino en Primera División

El Club Baloncesto Base Costa Ártabra ha anunciado el regreso de Samuel Penin como nuevo …