Xullo, Mes de Patria no Concello de Fene

Cun concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre comezará o venres 1 de xullo o ciclo “Xullo, mes da Patria” que engloba toda a programación organizada pola Concellería de Cultura de Fene ó redor da conmemoración do 25 de xullo, Día da Patria Galega.

O ciclo incluirá un monólogo con Pepo Suevos (7 de xullo), festa infantil (8 de xullo), o tradicional Festival de Habaneras e Canto Coral (12 de xullo), pasacalles con Trópico de Grelos + Afro Axé (13 de xullo) e os concertos de Blues do País, Sindicato da Verbena (14 de xullo), Ruxe Ruxe (21 de xullo) e Boyanka Kostova (22 de xullo).

O programa concluirá o sábado 23 de xullo coa lectura da declaración institucional polo Día da Patria Galega, a cargo da escritora Ánxela Loureiro.

A continuación detállanse todas as actividades previstas no ciclo “Xullo, mes da Patria 2022”:

Venres, 1 de xullo, ás 21:00 h, no paseo marítimo de San Valentín, concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, As catedrais silenciadas (Rede Cultural).

Xoves, 7 de xullo, ás 21:00 h, na praza do alcalde Ramón José Souto González, monólogo de Pepo Suevos co espectáculo Humor salvaxe (Rede Cultural).

Venres, 8 de xullo, ás 18.00 h., festa infantil na Praza do alcalde Ramón José Souto González.

Martes, 12 de xullo ás 20:30 horas, Festival de Habaneiras e Canto Coral na Praza do alcalde Ramón José Souto González, coa participación da Rondalla Estrelecer do CMI Unidade de Fene; Coral Polifónica da SCRD Agarimo de Sillobre, Coral Polifónica da ACRD O Pote de Maniños e Rondalla Perla do Río do CCRD de Perlío.

Mércores, 13 de xullo, ás 20:00 h, pasacalles a cargo de Trópico de Grelos Afro + Axé Danza pola Avenida do Concello, Avenida de Naturais e Marqués de Figueroa (Rede Cultural).

Xoves, 14 de xullo, ás 21:00 h, na praza do alcalde Ramón José Souto González, concerto de Blues do País e Sindicato da Verbena (Rede Cultural).

Xoves, 21 de xullo, ás 21:00 h, na praza do alcalde Ramón José Souto González, concerto de Ruxe-Ruxe co espectáculo Xira 2022 (Rede Cultural).

Venres, 22 de xullo, ás 21:00 h, na praza do alcalde Ramón José Souto González, concerto de Boyanka-Kostova co espectáculo Boyanka-Kostova (Rede Cultural).

Sábado 23 de xullo, ás 13:00 h. no Parque Liñal do río Cádavo (a carón do monumento Día da Patria Galega), lectura da declaración institucional do Día da Patria Galega a cargo da escritora Ánxela Loureiro.

Todas as actividades do ciclo “Xullo, mes da Patria” serán con entrada libre e de balde.

Máis información, na web do Concello de Fene www.fene.gal ou no Departamento de Cultura do Concello de Fene, tfno. 981 340 366.

Lea también

O Novembro, mes do humor continúa co espectáculo Eran elas de Avelino González

O Museo do Humor Xaquín Marín de Fene acolle este venres 22 de novembro, a …