O bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolveu este sábado, día 11 de xuño, unha visita guiada ó parque do Montón co obxectivo «de dalo a coñecer entre a veciñanza, reivindicar a súa posta en valor e amosar o noso compromiso coa recuperación deste entorno»
Iván Rivas, portavoz do BNG no concello de Ferrol, destacou que «o parque do Montón é unha das xoias ocultas que ten esta cidade que cómpre poñer en valor». Demandou «a necesidade de actuar de xeito imediato sobre o mesmo» e censurou que «o goberno local estea incumprindo o acordo alcanzado co BNG para a aprobación dos orzamentos municipais de 2021 que incluia a recuperación deste parque municipal»
O BNG defende que «o futuro pasa por ter cidades verdes, convertir as nosas cidades en lugares saludábeis, polo que precisamos dotarnos de espazos de socialización nos que poder relacionarnos e espacios onde a xente oida vivir de maneira suadabel»
Para o BNG conservar e recuperar espazos como o parque do Montón «non é unha cuestión de ver a natureza desde un punto de vista unicamente medioambiental, é unha necesidade desde o punto de vista dos beneficios que ten para a cidade e para o conxunto de veciños». Iván Rivas indicou que «para o BNG é unha priordade recuperar espazos como este, igual que convertir a parcela do Sanchez Aguilera nun grande pulmón verde para o centro da cidade, ou igual que recuperar o antigo vertedoiro de Mougá»
Iván Rivas, sinalou que «con este obxectivo propuxemos e pactamos co goberno actual que desenvolvera un proxecto para decidir que facemos con recursos como o parque do Montón». «Consideramos necesario repensar como conectamos e relacionamos todos os espazos verdes que existen na cidade e como lle sacamos o maiar rendimento a todo este patrimonio que temos abandonado». Iván Rivas, lamentou que «eses compromisos que o goberno local adquiriu co BNG non teñan executados nen asumido a necesidade de facelos efectivos»