O goberno de Narón apoia a construcción dunha residencia para persoas con discapacidade

O alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, desprazouse ás instalacións da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, na parroquia do Val, xunto cos edís de Benestar Social, Catalina García e Sanidade, Santiago Galego.

Unha vez nas instalación, reunironse co deputado socialista Pablo Arangüena, e coa directiva da citada entidade local para realizar un percorrido polas instalacións e incidir na necesidade de acadar financiación autonómica para construír unha residencia para persoas con discapacidade intelectual. A necesidade do centro foi precisamente, tal e como recordou García, unha das reivindicacións realizadas nun Consello Territorial de Participación Cidadá.

A xerente da entidade, Rocío Coira, recordou que o anteproxecto do centro residencial, cun importe de preto de catro millóns de euros, está rematado e que se podería ubicar nas inmediacións das actuais  instalacións, en terreos propiedade da asociación, para ofrecer servizos a vinte e cinco persoas, evitando así ter que desprazarse a outros centros fóra da comarca, debido á ausencia de prazas vacantes na que está operativa en Ferrol.

Os representantes municipais e o deputado socialista reiteraron o seu apoio á asociación Chamorro, da que destacaron o labor que realiza e comprometeron o seu apoio nas reivindicacións plantexadas, para o que realizarán os trámites necesarios para poder avanzar.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …