Obradoiro sobre «As algas diversificando o sector pesqueiro» en Narón

O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou este xoves, día 9 de xuño, xunto con Francisco Javier Castro, representante do GALP Golfo Ártabro Norte, o obradoiro “As algas diversificando o sector pesqueiro”.

O curso, tal e como indicou, terá lugar o vindeiro sábado 18 de xuño ás 12.00 horas no Centro Cívico Social de Piñeiros. A iniciativa enmárcase no programa “Narón emprende en azul” e as persoas interesadas en acudir poden anotarse, de balde, a través do correo: me.mendez@naron.es

A convocatoria terá unha duración aproximada de dúas horas, un tempo no que os participantes presenciarán unha parte teórica na que se falará sobre as algas e os seus beneficios, a súa orixe, xeitos de extracción, tipos, características, bioloxía e usos.

Na segunda parte abordarase a práctica, coa identificación de algas, donde se ofrecerá a oportunidade de velas, tocalas e probalas ó natural. A fundadora e directora xeral da empresa Algas La Patrona, Cristina García, será a encargada de impartir este curso.

Pita e Castro convidaron ós veciños interesados no mundo das algas a participar neste obradoiro, “no que terán a oportunidade de coñecer unha gran variedade de propiedades desta especie mariña e tamén de formular as cuestións que estimen oportunas á profesional que se encargará de impartilo”.

A convocatoria enmárcase nas actividades realizadas con cargo ó Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, a Xunta de Galicia e a Consellería do Mar.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …