Xoves 9 de xuño de 2022
Actividade: “34 Rally Cidade de Narón” Hora: 21.30 horas Lugar: Inmediacións do Centro Comercial Odeón
A cerimonia de saída do “34 Rallye de Narón” terá lugar esta noite nas inmediacións do Centro Comercial Odeón. O Concello e a Escudería Siroco Narón organizan a convocatoria, podendo consultarse toda a información sobre a mesma a través da web: www.rallyenaron.org.
Venres 10 de xuño de 2022
Actividade: “34 Rally Cidade de Narón” Hora: Dende as 9.30 horas Lugar: Diferentes ubicacións
A trixésimo cuarta edición do Rally de Narón, organizada polo Concello e a Escudería Siroco Narón, inclúen o shakedown para equipos CERA-Recalvi ás 9.30 horas programado pola parroquia de Sedes. Pola tarde disputaranse, dende as 18.05 horas, os dous primeiros tramos do rally. Pódese consultar toda a información a través da web: www.rallye naron.org.
Actividade: Obradoiro “Elaboración de fitosanitarios ecolóxicos” Hora: De 17.00 a 20.00 Lugar: Inmediacións do Centro Cívico Social do Val
O Concello organiza en colaboración coa Asociación Terra Rendible e a AVV “Os Irmandiños” do Val este evento, que impartirá unha técnica da citada entidade e na que se abordarán diferentes produtos e técnicas para a prevención e o tratamento de pragas de xardín e da horta.
Actividade: “Los santos inocentes” Hora: 20.30 Lugar: Pazo da Cultura
A compañía GG Producción Escénica trae a Narón esta obra, unha adaptación da novela do recoñecido escritor español Miguel Delibes. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es .
Actividade: “Andaina solsticial” Hora: 22.30 Lugar: Convento de Baltar (O Val)
O programa de actos das Lendas da Pena Molexa inclúe unha proposta que consiste nunha andaina entre o convento de Baltar e a Pena Molexa. As persoas que desexen participar levarán fachos no percorrido pola zona.
Sábado 11 de xuño de 2022
Actividade: “34 Rally Cidade de Narón” Hora: Dende as 9.00 horas Lugar: Diferentes ubicacións
Os participantes no Rally de Narón comezarán a xornada cos tres tramos programados para esta xornada, que se disputarán a partir das 10.20 horas. A cerimonia de entrega de trofeos está prevista para as 16.15 horas nas inmediacións do Centro Comercial Odeón. Pódese consultar toda a información a través da web: www.rallye naron.org.
Actividade: “XXVIII Torneo de Balonmán Cidade de Narón” Hora: De 10.00 a 22.00 horas Lugar: Pavillón polideportivo da Gándara
O Concello organiza a través do Padroado de Deportes e xunto co Club Balonmán Narón este evento, no que participarán uns 150 deportistas de diferentes clubs de dentro e fóra da comarca.
Actividade: Obradoiro de xogos tradicionais “+ Que un peón” Hora: 11.00 Lugar: Biblioteca municipal
O Concello conmemorará o Día Internacional do Xogo e o Día Internacional do Medio Ambiente con este obradoiro dirixido a menores a partir de 4 anos e que require inscrición previa.
Actividade: “Los santos inocentes” Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura
A compañía GG Producción Escénica trae a Narón esta obra, unha adaptación da novela do recoñecido escritor español Miguel Delibes. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
Domingo 12 de xuño de 2022
Actividade: “A miña lingua, a túa lingua” Hora: 12.00 Lugar: Centro Cívico Social do Val
O Concello colabora na actividade a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística (FalaRedes 2022) para a Rede de Dinamización Lingüística, na que se poderá ver o espectáculo “A teacher Lu”. Diríxese a menores de 6 a 11 anos e a entrada é de balde ata completar a capacidade das instalacións.