O BNG organiza unha visita ao parque do Montón para reivindicar a súa recuperación

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolverá o vindeiro sábado, 11 de xuño, unha visita guiada ao parque do Montón co obxectivo de dar a coñecer esta zona verde e reivindicar a súa posta en valor e recuperación para goce de toda a veciñanza da cidade.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, afirmou que dotar a cidade de zonas verdes e de lecer «é un dos obxectivos do BNG» e lembrou que a recuperación desta zona verde situada nun dos barrios cruciais desta cidade como é o barrio de Caranza «foi un dos compromisos adquiridos polo goberno local co BNG para a aprobación dos orzamentos municipais do ano 2021 que segue agardando pola súa execución.«

O BNG considera que esta zona da cidade «é unha auténtica descoñecida para moitos veciños e veciñas debido precisamente a escasa atención que se lle presta por parte dos distintos gobernos locais que desaproveitan as oportunidades que esta parcela ofrece tanto como lugar de recreo como para poder albergar un centro de educación medioambiental.«

Este sábado se pretende unha visita guiada por persoal técinco a este parque da cidade, «para que as persoas interesadas poidan coñecer de primeira man unha parcela que alberga unha grande variedade de especies botánicas de até 58 especies diferentes que se están a perder polo abandono municipal.«

Iván Rivas reafirmou que é preciso que o Concello de Ferrol «recupere estes espazos esplendorosos que ten esta cidade e que se atopan nun estado de deterioro moi avanzado como é o parque do Montón

O BNG quere invitar a todas as persoas interesadas a participar nesta actividade que terá lugar o vindeiro sábado 11 de xuño ás 12 horas con saída da antiga gasolineira das Pías.

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …

Un comentario

  1. Que conste que no es nada personal, pero después de tres años de una legislatura en la que el partido de gobierno, apoyado por el propio BNG, empieza, a toda prisa, a ejecutar obras y proyectos que debería haber empezado al inicio de legislatura, el BNG multiplica sus denuncias contra el gobierno que han apoyado todo este tiempo.
    Llegó la hora de desligarse de los compañeros de “izquierdas” para reivindicar arreglos y mejoras, para posicionarse en la mejor posición para las próximas elecciones Municipales.
    No son conscientes de que el Concello necesita un “Líder” que piense primero y por encima de todo en la Ciudad, y un buen ejemplo podría ser Xaime Bello.