Iluminación da glorieta de Freixeiro con motivo do Día do Doante de Órganos, Narón

A glorieta de Freixeiro, Narón, permanecerá iluminada a noite deste mércores, día 1 de xuño, de cor verde con motivo do Día do Doante de Órganos.

Dende o Consistorio colabórase deste xeito coa asociación Alcer para sensibilizar á poboación en xeral sobre a importancia de doar órganos tras falecer para poder salvar a vida de persoas que esperan un transplante.

Dende Alcer indicaron que Galicia foi unha das comunidades autónomas que máis negativas familiares rexistrou o pasado ano para acceder a doar os órganos dun ser querido, un 16%. Por este motivo, explicaron, “achegar á poboación este día é de vital importancia para as persoas que agardan unha segunda oportunidade de vida tralo transplante”.

Así mesmo, recordaron que o pasado ano se realizaron un total de 298 transplantes de órganos, rexistrándose case 250 persoas en lista de espera.

Lea también

Inscrición aberta en Narón nun obradoiro de acollemento lingüístico impulsado dende o Consistorio

A concelleira de Política Lingüística de Narón, María Lorenzo, anunciou a apertura do prazo de …