Entrega de premios do II Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos, Ares

A  Alianza Aresana acolleu na tarde do luns, día 23 de maio,  o acto de entrega de premios do II Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos, promovido polo Concello de Ares e o CPI As Mirandas, enmarcado dentro da programación cultural das Letras Galegas e no que participaron un total de 104 alumnos, divididos en dúas modalidades, a de “Primaria” (4º, 5º e 6º) e a de “ESO”.

Os gañadores nas respectivas categorías foron Antón Ares Iglesias con “Ollos de Sangue” e Francisco Javier Ferro con “Xaula mental”. Ambos recibiron o premio consistente nunha tablet/ebook.

Tamén recibiron premios os segundos clasificados de cada categoría, neste caso un lote de libros. Deste xeito, Andrea Rodríguez García con “Sombras escuras”, quedou finalista na modalidade “Primaria”; e Sara Cartelle Castro con “A condición” recibiu o segundo premio na categoría de “ESO”.

A edil de Cultura, Alma Barrón, agradeceu a implicación do CPI As Mirandas por formalizar de novo a súa colaboración coa organización desta iniciativa “que pon o foco na conexión da mocidade co eido literario», dando a noraboa a todos os participantes pola calidade das obras presentadas.

Os criterios que tivo en conta o xurado á hora de valorar os traballos foron, entre outros, a creatividade e orixinalidade da temática, a claridade da mensaxe e da estrutura, o ritmo xeral da historia, os trazos estilísticos na escrita e mesmo a visibilización de temáticas sociais como foron a saúde mental e a  problemática do suicidio ou a relacionada con procesos de desafuizamento.

O xurado extivo composto por Francisca Pérez, responsable da Biblioteca escolar; Rocío Pena, profesora de Historia e Pablo Rañales, periodista e escritor.

Lea también

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca el concurso de diseño del cartel de 2026

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia la apertura del concurso de carteles …