Moeche entrega lotes de libros en galego na Casa Niño e na Casa do Maior

O Concello de Moeche celebra a semana das Letras Galegas na Casa Niño Irmandiños e na Casa do Maior Casabranca.

A alcaldesa, Beatriz Bascoy, e a concelleira de Cultura, Iria Couce, achegáronse o mércores 18 de maio, até as instalacións de ambos servizos para entregarlles cadanseu lote de libros en galego, co obxectivo de que poidan ir creando a súa propia bilioteca. 

 
Segundo Iria Couce, na Casa Niño, que ten as prazas completas, deixaron contos «para que as primeiras letras sigan chegando no noso idioma, contos para aprender os nomes á mesa, as palabras para os sentimentos, ou tamén contos ‘para tirar o chupete’ como nos dixo unha das nenas» 
 
Na Casa do Maior, que de momento conta con tres usuarias,  o lote de libros xuntou títulos «sobre as nosas lendas, o humor de Castelao, pasatempos e adiviñas, textos de Rosalía de Castro e, como non, tamén lles entregamos un exemplar dunha das obras do homenaxeado das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán», comenta a concelleira.

Lea también

“IV Jornadas micológicas de Neda”

La Asociación micolóxica Viriato organiza la próxima semana, con la colaboración del Ayuntamiento, las “IV …