O BNG de Ferrol presenta unha moción apoiando o indulto a Pintos

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol quere que o pleno municipal se sume á petición de indulto de Xesús López Pintos e apoie á convocatoria de manifestación convocada na nosa cidade para este fin «como forma de amosarlle a solidariedade do conxunto de veciños e veciñas de Ferrol.«

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, quixo manifestar esta mañá a solidariedade de todo o BNG con Pintos, «unha persoa de firme compromiso na defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras» e anunciou a presentación dunha moción para que sexa incluida na orde do día do vindeiro pleno municipal.

O BNG, na iniciativa que defenderá no pleno do vindeiro xoves, solicita que o Concello se dirixa ao goberno do Estado a fin de solicitarlle con carácter inmediato que o Consello de Ministros acorde a concesión da medida de graza de indulto a López Pintos. Así mesmo que inste ao goberno galego a que tamén solicite do goberno do Estado esta medida.

Considera que presentar esta inciativa «é case unha obriga ademáis de serve para saldar unha débeda que o pleno de Ferrol ten con Pintos«. Cómpre lembrar que foi en Ferrol onde aconteceron os feitos que motivaron esta condea, «unha cidade castigada por un proceso constante de desmantelamento industrial e a causa del cunha longa historia de loita sindical polos dereitos dos traballadores e traballadoras e foi onde o alcalde da cidade decidiu unilateralmente retirar do pleno unha moción de apoio ao sindicalista López Pintos, días antes de ser xulgado.«

O BNG indica que o cumprimento efectivo da pena de prisión xeraría «un enorme sufrimento en López pintos e a súa familia, que é francamente innecesario, máxime cando a día de hoxe leva xa tempo en situación de xubilación e os feitos ocorreron fai case dez anos

Lea también

Desarticulada una red criminal dedicada al tráfico de cocaína en Ferrol. Seis detenidos, uno de ellos en prisiòn

La Policía Nacional ha desarticulado una red criminal dedicada al tráfico de cocaína en Ferrol, …