Primeira edición do Mercado Celta de Pedroso en Narón

A parroquia de Pedroso (Narón) acollerá a vindeira fin de semana, os días 20, 21 e 22, a primeira edición do Mercado Celta.

O edil de Feiras e Mercados, Santiago Galego, presentou o evento esta mañá xunto con Iván Niebla, veciño de Pedroso que coordinou ó colectivo que colaborou na organización do evento. Galego avanzou que o mercado que inclúe unha gran variedade de propostas musicais, representacións, acrobacias e tamén contará cunha vintena de postos artesáns, de alimentación, xoguetes de madeira, sacos térmicos, babuchas, etc.

A cita será nas inmediacións do local social da Pombiña, donde antigamente se localizaba un castro celta, motivo polo que se organiza este mercado “para non esquecer o noso pasado nin as nosas raíces”, apuntou Galego.

O Mercado Celta abrirá o venres, día 20 de maio, ás 18.00 horas e sobre as 18.30 dará comezo un pasarrúas con “Os Brinqueiros”. Ó longo da tarde-noite haberá un percorrido de Faunos polo mercado, música, acrobacias e un espectáculo de circo e lume ás 22.00 horas pechará a programación da primeira xornada.

O sábado 21 o mercado reabrirá ás 11.00 horas e a música, xigantes e guerreiras, unha meiga e o seu aro máxico centrarán a programación matinal, que se desenvolverá ata as 14.00 horas, cando será o momento da “Hora do buen yantar”. Pola tarde a actividade retomarase ás 17.30 horas coa apertura dos postos do mercado e regresará a música de tambores e gaitas e a de “Os Brinqueiros”, os espectáculos co “Minotauro e a bruxa blanca”, o paseo dos Faunos e ás 22.15 horas será o conxuro á lúa, con lume e acrobacias para despedir a xornada.

Finalmente, o domingo o mercado estará aberto pola mañá dende as 11.00 ata as 15.30 horas, con pasarrúas musical de “Os Brinqueiros”, a benvida do xigante e a guerreira, o espectáculo de “A Meiga e o seu aro” e o paseo do “Minotauro e a bruxa blanca” para iniciar ás 14.15 a “Hora do buen yantar”. Pola tarde dende as 17.30 horas o mercado retomará vida e tamén haberá música, percorrido dos Faunos, acrobacias e outras propostas para iniciarse ás 22.00 horas un espectáculo de circo e lume, un pasarrúas musical e un espectáculo de despedida deste evento.

A maiores, tal e como indicou Galego, instalaranse na zona atracións infantís, un espazo con mesas de xogo para nenas e nenos e poderase ver o traballo que realizan artesáns en diferentes oficios antigos, como talla de madeira, construción dunha gaita, etc.

O concelleiro naronés agradeceu a implicación do colectivo veciñal que colaborarou na orgazización, que nos últimos dous meses construíu catro pallozas nas inmediacións do local social. Ademais, o edil convidou ós veciños de Narón e comarca a visitar este Mercado Celta de Pedroso “que organizamos con toda a ilusión por primeiro ano nesta parroquia e co obxectivo de que teña unha boa acollida e poder darlle continuidade”.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …