A Aula Cemit de Xuvia impartirá dous novos cursos formativos gratuitos

A Aula Cemit de Xuvia, acollerá dous cursos, un sobre “Teletraballo, reunións en liña e capacitación online” e outro de “Deseño gráfico con Canva”

A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías do Concello de Narón, Natalia Hermida, informou da apertura, este luns, día 9 de maio, do prazo de inscrición, de balde, nestas accións formativas a través da plataforma Cemit da Xunta de Galicia. As prazas dispoñibles, doce para cada unha das convocatorias, cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

O curso de “Teletraballo, reunión en liña e capacitación online” ofrece un total de 12 vacantes e impartirase do 19 ó 27 de maio en horario de mañá, de 9.30 a 13.30 horas. Xestión do correo, tarefas e axenda dixital, reunións en liña (teams, zoom e Googlemeet), almacenamento na nube, mensaxería a tempo real e xestión de proxectos en liña con Trello son os temas que se abordarán nas 28 horas de duración desta acción formativa.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo dende hoxe a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/38742

A outra opción é un curso de “Deseño gráfico con Canva”, de 32 horas de duración e tamén con 12 prazas. As sesións impartiranse do 19 ó 30 de maio en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas e o contido inclúe entre os temas: edición de fotos con Canva, creación dun libro virtual, dun deseño con formato personalizado, creación de logotipos, infografías, menús para restaurantes e cafeterías, cabeceiras para Youtube, miniaturas, pósters, publicacións para redes sociais e tarxetas profesionais.

Aquelas persoas que desexen anotarse terán que inscribirse no enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/38741

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …