XV Concentración Moteira Cidade de Narón

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, presentaron este luns, día 9 de maio, xunto con José López Quintián, presidente do Moto Club Fojeteiros, Raquel García e Jorge Prado, tesoureira e vogal do citado club local, a décimo quinta edición da Concentración moteira “Cidade de Narón”.

A convocatoria inclúe este ano a décima edición das Xornadas de Turismo Activo, con rutas en moto deseñadas dende a organización polo municipio e outros da comarca. Ferreiro asegurou que “é unha gran satisfacción poder celebrar de novo esta concetración moteira na cidade, un evento que reúne a centos de afecionados ó mundo das motos en Narón e que nos convertirán durante tres días nunha cidade de referencia”.

A cita será os días 3, 4 e 5 de xuño no paseo marítimo de Xuvia e o prazo de preinscrición permanece aberto ata o vindeiro 30 de maio, tal e como recordaron dende a organización.

A inauguración da concentración moteira será o venres 3 ás 18.00 horas, coa apertura das inscricións, do mercadillo moteiro e das atraccións infantís. Nesa mesma xornada, ás 21.30 horas haberá unha cea para todas as persoas inscritas no evento e ás 23.00 darán comezo os concertos de Cuero & Laca, La Guardia (xira 40 aniversario) e Malditos Pendejos.

O sábado día 4 abriranse de novo as inscricións ás 10.00 horas e tamén o mercadillo moteiro e ás 11.15 horas sairá unha ruta mototurista dende o paseo de Xuvia ata o concello de Cedeira, de donde partirán de novo os participantes cara a Xuvia ás 12.50 horas. Pola tarde, ás 17.30 horas terá lugar unha exhibición de trial a cargo de Juanda de la Peña e Víctor Palomares no paseo de Xuvia e pola noite, trala cea, procederase á entrega de trofeos.

A tradicional Ruta das antorchas, coa que rinden homenaxe ós compañeiros  falecidos, que dará comezo ás 23.00 horas e discurrirá como é habitual pola estrada de Castela, con desfile de fachos e unha posterior festa moteira ó remate do mesmo a cargo de DJ Frank Fairlane.

Na última xornada, o domingo 5, haberá unha nova ruta moto turística, ás 11.30 horas, nesa ocasión para visitar o Faro de Meirás, en Valdoviño, e as inmediacións da praia da Frouxeira, para regresar de novo ás 12.10 horas a Xuvia. Trala comida sortearanse agasallos entre todas as persoas inscritas e ás 16.00 horas darase por clausurada a décimo quinta edición da Concentración moteira “Cidade de Narón”.

O presidente do Moto Club Fojeteiros agradeceu a colaboración do Concello para poder celebrar un ano máis este evento, e animou á cidadanía a acudir ó mesmo. Ademais, recordou que as persoas que queiran inscribirse poden facelo a través do número de conta ES38 0238 8145 15 0600235613 indicando o seu nome e apelidos e DNI.

Para máis información tamén se pode chamar ó teléfono 697 269 102, consultar o FB do Moto Club Fojeteiros ou a súa web: www.motoclubfojeteiros.com 

Ferreiro e Oreona destacaron o traballo do club local “para organizar un programa de actos tan completo e variado do que poderá desfrutar nestes tres días toda a xente que se achegue a Narón”.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …