O BNG de Narón solicita a reapertura da piscina terapéutica

O BNG de Narón solicitou como rogo no pleno do xoves 28 de abril «a reapertura de inmediato a piscina terapéutica, agora que se relaxaron as restriccións, que se reabra a piscina terapéutica do pavillón de Xuvia»

Agora que se retomou a normalidade na piscina da Gándara non entendemos que non se abra a terapéutica que está no mesmo pavillón cando as persoas usuarias delas son xusto as que máis necesitan poder ter este servizo que en Narón leva pechado dous anos. Ademais, está prometida crear outra porque esta ficaba pequena e esperemos que o proxecto non fique nun caixón até as vindeiras eleccións que volvan a anuncialo como algo innovador” denuncia Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG.

«Ante a resposta pouco clara da alcadesa que respostou cun escueto dacordo» o BNG rexistrou preguntas para que lles informen de por qué aínda non se reabriu.

A PISCINA ESTÁ ABERTA

Fuentes consultadas con el gobierno local se señala que «A piscina terapéutica está aberta,  hai clases de natación terapéutica e natación para bebés… o único que non se retomou son as de persoas con diversidade funcional a pesar de que xa en varias ocasións solicitouse á concesionaria. O servizo de prevención de riscos da concesionaria é reticente a abrir pero desde o concello está a urxirse esa reapertura.

Está a tratarse de axilizar para que poida ir o colectivo coas máximas garantías para monitores/ as e para as persoas con diversidade funcional (ao non ter que levar máscara serían contactos moi estreitos entre eles).

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …