O Cidade de Narón lévase o derbi ante O Esteo

Instante do derbi entre O Esteo e Cidade de Narón | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Afrontaba O Esteo a derradeira xornada como teórico local, si ben é certo que nesta campaña xogou os 30 partidos de Liga todos a domicilio, trece deles nas Somozas.

Pero no derbi deste sábado o dominador foi o Cidade de Narón, que xa marchou ao descanso con 0-2 en ambos despistes defensivos, no primeiro nun doble remate so de Guillermo no que Failde fixo o que puido, e o segundo nunha xogada de estratexia que anotou completamente so Diego co tempo cumprido.

A pesar de recurtar distancias Troncho a pouco do reinicio, o segundo tempo so serviu para que o equipo azul aumentase o marcador con tantos de Pablo e o ex pontés Jacobo, e case igualase a ventaxa de catro goles do O Esteo na ida.

Complicada situación do equipo pontés de cara a entrar no play off, no que necesitaría gañar na capital galega ao histórico Santiago Futsal, segundo, pois o Segosala está a un so punto e recibe a un Ribeira que non se xoga nada. Si ben é certo que tal e como comezou a Liga o equipo pontés a temporada xa está máis que conseguida.

O Esteo: M. Failde, Cokito, Guillán, Héctor, Troncho – J. Failde, Eloy.

Cidade de Narón: Buxía, Diego, Brais, Rubén, Jacobo – Eric, Guillermo, Roberto, Iván, Fernando, Pablo.

Goles: 0-1, Guillermo (17´), 0-2, Diego (20´). 1-2, Troncho (22´), 1-3, Pablo (33´), 1-4, Jacobo (37´).

Incidencias. Amarelas a J. Failde, Héctor, Guillermo. Expulsado con doble cartón Guillán (39´). Máis de 100 espectadores no Pavillón das Somozas.

Lea también

Avanzan las obras de remodelación de las pistas de fútbol de Caranza para crear un nuevo campo de fútbol 11

Las obras de remodelación de las actuales pistas de fútbol 8 del parque deportivo de …