O Concello de Narón retomará o vindeiro 10 de maio as sesións de deporte para persoas maiores en parques biosaudables da cidade.
O edil de Deportes, José Oreona, indicou que as sesións se desenvolverán do 10 de maio ó 30 de xuño nas instalacións localizadas en Xuvia, Freixeiro, Pedroso, San Mateo, Sedes, Castro, A Gándara e a Praza de Galicia.
“Á actual situación sanitaria permítenos convocar de novo esta actividade ó aire libre, sen custe algún para as persoas que queiran participar”, explicou Oreona.
As sesións programadas serán os martes en Xuvia de 10.00 a 11.00 horas; en Freixeiro de 11.15 a 12.15, en Pedroso polas tardes de 16.00 a 17.00 e en San Mateo de 17.15 a 18.15 horas. Nas xornadas dos xoves serán en Sedes de 10.00 a 11.00 e en Castro de 11.15 a 12.15 e, por último, os venres serán na Gándara de 10.00 a 11.00 e na Praza de Galicia de 11.15 a 12.15 horas.
Todas aquelas persoas interesadas en inscribirse poden facelo dende o vindeiro luns, día 2 de maio, ata venres 5 de maio nas oficinas do pavillón polideportivo da Gándara. O edil de Deportes avanzou que “para poder levar a cabo esta actividade é preciso que estean inscritas un mínimo de tres persoas para cada parque e horario”.
“Esta iniciativa prográmase una no máis para fomentar a práctica do deporte ó aire libre e, ó memo tempo, ofrecer á cidadanía os coñecementos necesarios, por parte de monitores profesionais, para utilizar os diferentes equipos instalados nos parques biosaudables da cidade”, explicou o edil naronés.