Conmemoración do Día Internacional da Danza en Narón

O Concello de Narón organizou  este xoves unha actividade dirixida a alumnado de primeiro e segundo curso de Primaria dos colexios públicos e concertados de Narón para conmemorar o Día Internacional da Danza.

Ás 11.00 horas o Pazo da Cultura acolleu o espectáculo GAIA, que puideron ver os alumnos dos colexios naroneses, con entrada de balde e cuxo desprazamento dende os centros e de regreso abonou o Consistorio, e tamén dun centro de ensino de Pontedeume.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, desprazáronse ó Pazo para presenciar o espectáculo, unha proposta na que as nenas e nenos tiveron a oportunidade de interactuar.

No caso de Narón acudiron escolares dos CEIP Virxe do Mar, Ponte de Xuvia, Piñeiros e A Solaina, dos CPR Santiago Apóstol e Jorge Juan, do CPI do Feal, e do Escola do Val do CRA de Narón, se ben no de Pontedeume procedían do colexio Couceiro Freijomil. En conxunto, presenciaron a actuación uns 650 alumnos dos citados centros, dos que preto de 600 eran de Narón.

O espectáculo, a cargo da compañía Entremáns aborda o tema do cambio climático e do planeta Terra e está recomendado pola Rede Española de Teatros, Auditorios e Circuítos e Festivais de Titularidade Pública.

GAIA está tamén incluído no Circuíto Danza a Escena 2019 e consiste, tal e como indican dende a propia compañía, “nun percorrido singular no que a pintura, a música, o audiovisual e a danza nos axudan a descubrir e comprender a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e os seus tesouros naturais”.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …