Nova edición da Festa do lisco de Doso en Narón

O Concello de Narón e a Asociación de Veciños “A Naveira, de Doso, organizan unha nova edición da Festa do lisco de Doso.

A concelleira de Festas, Natalia Hermida, deu a coñecer o programa da convocatoria acompañada por Eloy Ameneiros, José Luis Merlán e Severo Castro, vogais da citada entidade. A celebración terá lugar o vindeiro 14 de maio na pista polideportiva de Doso, donde se instalará unha carpa para a ocasión, tal e como avanzou Hermida.

Dende a organización explicaron que o menú previsto para a xornada será a base de paella, liscos á brasa, pan, cachelos, bebidas, café e bola. As persoas interesadas en asistir poden adquirir xa os tickets no local social, ata o 10 de maio, a un prezo de 15 euros para os mecados polos socios da AVV “A Naveira” e de 20 para os adquiridos por non socios.

O horario de apertura do local social é de luns a sábado de 12.00 a 22.00 e os domingos de 12.00 a 18.00 horas. O evento comezará ás 13.00 horas, para continuar co xantar e o baile.

A Festa do lisco de Doso contará tamén cun apartado musical, que comezará coa sesión vermú ó mediodía, na que actuará o Dúo Horizonte, e baile despois do xantar.

Dende o Concello e a entidade veciñal de Doso animaron ós veciños de Narón e doutros concellos a acudir a esta cita gastronómica e musical desta parroquia naronesa. “Este ano podemos celebrar de novo esta festa tradicional, que perdura no tempo grazas ó traballo e á implicación dos veciños de Doso, ós que quero agradecer que manteñan viva esta festa popular”.

Lea también

Buenos resultados del AD Náutico de Narón en el Cto de España de Triatlón Cross, Duatlón Cross y Acuatlón

Buena actuación de los deportistas del Tri Náutico de Narón desplazados a Calahorra (LA Rioja) …