Narón traslada á Xunta a necesidade de erradicar plantas exóticas invasoras

O concelleiro de Medio Ambiente de Narón, Santiago Galego, remitiu un escrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, concretamente á Dirección Xeral de Patrimonio Natural, advertindo sobre a aparición de “helichrysum petiolare”, unha especie invasora, en espazos da Rede Natura do termo municipal naronés.

Galego insta a través do escrito á administración autonómica a adoptar as medidas oportunas para eliminar esta especie, indicando as coordenadas nas que se atopou “en gran cantidade”.

O edil naronés recordou que segundo o documento de Plantas invasoras de Galicia feito público dende a administración autonómica, Bioloxía, distribución e métodos de control, é necesaria a súa eliminación mecánica. A maiores requeriu información sobre as medidas precisas para eliminar esa especie por parte da Xunta, ó ter as competencias na materia.

Finalmente, Galego solicitou no escrito remitido á Xunta que aclare as medidas que se poderían trasladar á cidadanía co fin de colaborar na eliminación desta especie, no caso de que fose posible esa colaboración e non supuxese problema algún para os traballos que se acometan dende a administración.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …