Cursos “Trámites electrónicos/Oficina virtual” e “Internet e as súas utilidades seguras”, Narón

A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías do Concello de Narón, Natalia Hermida, anunciou a apertura, o  mércores día 20 de abril, do prazo de inscrición en dous cursos que se impartirán na Aula Cemit de Xuvia: “Trámites electrónicos/Oficina virtual” e “Internet e as súas utilidades seguras”.

Estas dúas convocatorias realizaranse a través da plataforma Cemit da Xunta de Galicia, polo que as persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través dos enlaces: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/38563 (o de Trámites electrónicos /Oficina Virtual) e https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/38564 (o de Internet e as súas utilidades seguras).

O curso sobre “Trámites electrónicos/Oficina virtual” consta dun total de 24 horas e impartirase do 10 ó 18 de maio entre as 9.30 e as 13.30 horas. As persoas que o realicen abordarán contidos como a introdución á administración electrónica, os trámites de libre acceso (sen certificado), que é un certificado dixital e como obtelo, o uso e funcionamento do DNI electrónico e a realización de trámites en liña (citas médicas, seguridade social, Axencia Tributaria).

No que respecta ó curso de “Internet e as súas utilidade seguras”, impartiranse 80 horas formativas, dende o 11 de maio ata o 8 de xuño e en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. Os contidos serán neste caso sobre a seguridade, contrasinais, antivirus, tipos de virus, configuración e uso, navegar en páxinas seguras, compras en páxinas seguras, correo electrónico seguro e seguridade en redes sociais.

Ofértanse un total de doce prazas para cada unha das convocatorias, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, recibindo as persoas admitidas no mesmo unha chamada telefónica na que lles confirmará esa admisión

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …