Licitación do contrato mixto para o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia, Narón

A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou a licitación por un importe de 239.041 euros, do contrato mixto de subministro e servizos para o desenvolvemento executivo, produción, fabricación, subministro e montaxe dos contidos e elementos expositivos do Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia (CIMIX).

A actuación é cofinanciable ata nun 80% polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirregional de España Feder 2014-2020 e enmarcado na Estrategia de Desarrollo Urbano Sostenible e Integrado (EDUSI) “Ría de Ferrol, Cidade 2020”.

As ofertas poderán presentarse no Concello ata o día 25 deste mes ás 15.00 horas, podendo consultarse toda a información do procedemento na Plataforma de Contratación do Sector Público.

Os espazos que se acondicionarán serán a recepción, o patio de distribución, o corredoiro da vivenda, o miradoiro, a sala introductoria, as salas Lestache, Polivalente, Muíños, Bucau e a Sala da Cultura Industrial. Murais dunha factoría do século XVIII, mapas ilustrados, un mapa antigo da Terra de Trasancos con todos os muíños do citado século, paneis informativos, maquetas, módulos interactivos, recreación de muíños de pedra prehistórico, manual circular, manual circular de vaivén, manual circular para dúas persoas, estacións informativas, estación audiovisual de realidade aumentada, vitrinas expositivas… forman parte dos contidos e elementos incluídos no proxecto, donde tamén se especifican as súas ubicacións.

O informe técnico para os traballos de musealización integral do Centro de Interpretación do Muíño Industrial de Xuvia contempla a totalidade dos contidos e elementos.

“A musealización desta construción é un paso máis de cara a poñer en valor tan importante conxunto etnográfico da nosa cidade, amosando o patrimonio e a historia do lugar a través dos diferentes elementos que se contemplan neste proxecto”, asegurou a alcaldesa. Así mesmo, Ferreiro destacou que “as persoas que visiten este centro de interpretación poderán acceder a unha gran cantidade de información, pensada para diferentes idades, co fin de instruír pero tamén de deixar paso á interpretación persoal”.

O conxunto industrial dos muíños de Xuvia que formaban a Real Fábrica de Fariñas de Lestache estaba formado por tres edificios e un patio. No inmoble ubicábanse os dous muíños de Lestache e unha construción engadida, onde Bucau disponía doutras dúas moendas. Tamén se ubicaban no complexo un almacén de cereais, a casa da familia Lestache e un espazo de transición entre os tres inmobles con accesos ao embarcadoiro, á rúa e un patio.

A rexedora local destacou a importancia “de poder recuperar en Narón esta construción que nestes momentos se está rehabilitando, tamén nunha actuación cofinanciada con fondos europeos no marco da EDUSI “Ría de Ferrol Cidade 2020” e que nos vindeiros meses permitirá recuperar a edificación en todo o seu esplendor para, en canto sexa posible, que poidan disfrutar dela e dos servizos que alí se ofrezan todas as persoas que o desexen”

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …