A concelleira de Ensino e Bibliotecas de Narón, Mercedes Taibo, anunciou que a evolución da situación sanitaria permite actualmente incrementar o número de prazas ofertadas na Ludoteca municipal da Solaina, que pasará de sete a doce menores por grupo.
A edil explicou que as persoas interesadas en solicitar praza poden apuntarse dende esta semana e ata esgotar prazas nas citadas instalacións, presencialmente (avenida Santa Icía, 94; A Solaina), por correo electrónico (ludoteca@naron.es) ou chamando por teléfono ó 981 389 284 en horario de 19.00 a 20.00
Os horarios dispoñibles son: os luns, mércores e venres para nenos de 7 a 12 anos (grupo verde) ou de 3 a 6 (grupo azul) e os martes e xoves para menores de 7 a 12 anos (grupo vermello) ou de 3 a 6 (grupo laranxa).
Así mesmo, Taibo informou que a partir do vindeiro luns, día 11, con motivo das vacacións de Semana Santa a Ludoteca municipal da Solaina mudará o seu horario para adaptarse ás vacacións escolares, polo que os días 11, 12, 13 e 18 de abril abrirá as súas portas de 10.00 a 13.00 horas.