Avance da programación do ciclo «Xullo, da Patria» Fene

A concellería de Cultura de Fene ultima as actividades que se desenvolverán ó longo do mes de xullo no marco da conmemoración do Día da Patria Galega.

O ciclo botará a andar o venres 1 de xullo no paseo de San Valentín co concerto As catedrais silenciadas, de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, e prolongarase até o día 23 con distintas actividades para todos os públicos.

Salientan no programa as actuacións de Pepo Suevos, Trópico de Grelos, Blues do País e Sindicato da Verbena, Ruxe-ruxe e Boyanka-Kostova. A maioría dos espectáculos, agás o primeiro e o pasarrúas de Trópico de Grelos, terán lugar na praza do alcalde Ramón José Souto González, con entrada de balde e aforo limitado.

Programa

Segundo avanza a concellería de Cultura de Fene, o ciclo Xullo, mes da Patria, desenvolverase atendendo ao seguinte programa

Venres 1 de xullo, ás 21:00 h, no paseo marítimo de San Valentín, concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, As catedrais silenciadas. Espectáculo organizado coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Xoves 7 de xullo, ás 21:00 h, na praza do alcalde Ramón José Souto González, monólogo de Pepo Suevos co espectáculo Humor salvaxe. Función organizada coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Venres 8 de xullo, festa infantil na Praza do alcalde Ramón José Souto González (horario pendente de concretar). Programación municipal.

Mércores 13 de xullo, ás 20:00 h, pasarrúas a cargo de Trópico de Grelos Afro+Axé Danza. Espectáculo organizado coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Xoves 14 de xullo, ás 21:00 h, na praza do alcalde Ramón José Souto González, concerto de Blues do País e Sindicato da Verbena. Espectáculo organizado coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Xoves 21 de xullo, ás 21:00 h, na praza do alcalde Ramón José Souto González, concerto de RUXE RUXE co espectáculo Xira 2022. Función organizada coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Venres, 22 de xullo, ás 21 h, na praza do alcalde Ramón José Souto González, concerto de BOYANKA KOSTOVA co espectáculo Boyanka-Kostova. Función organizada coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Sábado 23 de xullo, declaración institucional do Día da Patria Galega.

Lea también

Marcha «Polo Bo Trato» en Neda

Alumnado de los centros educativos públicos de Neda protagonizó un año y la “Marcha polo …