O CPR «Jorge Juan» participa no programa de visitas ó Concello de Narón

Unha vintena de escolares de sexto curso de educación Infantil do CPR «Jorge Juan» desprazouse este martes, día 29 de marzo, ó Concello acompañado por dúas profesoras para participar no programa de visitas escolares ó Concello, organizadas a través do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola fóra do horario lectivo, que inclúe un área de “Coñecemento do Concello”

Os nenos foron recibidos no salón de plenos polo primeiro tenente de alcalde, Guillermo Sánchez Fojo, que conversou animadamente co grupo e respostou ás preguntas que lle formularon.

Acompañados pola abella “Nara” e por un explorador os menores realizaron á súa chegada un crebacabezas de Narón para posteriormente, dirixirse ao salón de plenos, donde ocuparon as sillas dos concelleiros da corporación local.

Unha vez alí, interesáronse ante o tenente de alcalde en que consistía o traballo da alcaldesa e preguntaron tamén cantas persoas traballan no Concello, se podían acudir ós plenos e se podían solicitar algunha cousa. Sánchez Fojo respostou a todas as preguntas e animounos a formular as peticións que considerasen, pedindo unha das menores que se recollan xoguetes para as familias que non poden mercalos e votando todos por unanimidade a favor desa proposta, que xa se leva a cabo e se manterá no Concello.

No propio salón de plenos os menores viron a proxección de “A abella Nara”, asegurando que lles gustou e despois realizaron unha fotografía por grupos no photocall “Ti es a abella Nara” á saída.

As visitas escolares continuarán o vindeiro 5 de abril, xornada na que se desprazarán ó Consistorio escolares de sexto de Infantil do CPR Santiago Apóstol, e manteranse tanto durante o vindeiro mes como en maio con alumnado dos CEIP A Solaina, Virxe do Mar e Ponte de Xuvia.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …