Charla sobre servizos financieiros a través da iniciativa «Venres de consumo responde»

A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia a iniciativa “Venres de consumo responde” unha nova charla aberta á cidadanía, nesta ocasión sobre servizos financieiros (conta básica de pago, tarxetas revolving, sobreendebedamento, créditos rápidos…) que terá lugar este venres, día 25 de marzo.

Esta celebrarase, segundo indican dende a organización, cada venres ás 12.30 horas a través da aula virtual de consumo.

As persoas interesadas en participar na convocatoria poden facelo a través da web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl debendo acceder a través do apartado “Venres de consumo” e entrar na ligazón da videoconferencia para unirse á reunión.

Lea también

Narón súmase un ano máis ao programa “Vacacións en Paz” para acoller menores saharauís no verán

A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) fai un chamamento ás familias de Narón …