Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase este martes 22, mércores 23 e xoves 24 de marzo á cidade de Narón.
Nas dúas primeiras xornadas o vehículo localizarase nas inmediacións do novo centro de saúde, en horario de mañá e tarde, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas.
Así mesmo, este xoves a unidade móbil localizarase nas inmediacións da cooperativa do Val pola tarde, de 15.30 a 21.00 horas.
As persoas que acudan a doar deben almorzar e no caso de xantar, terán que agardar dúas horas para realizar a extracción. É preciso presentar ó persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento.
Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.