Corte do subministro eléctrico este venres en varias rúas da cidade de Narón

O Grupo Naturgy comunicou ó Concello de Narón que este venres, día 11 de marzo, deixará fóra de servizo de 8.00 a 18.00 horas unha serie de instalacións, o que podería provocar interrupcións no subministro eléctrico en varias rúas da cidade.

Nesta ocasión, tal e como especificaron dende a compañía, o corte afectará ó camiño da Cruz, estrada de Castela, estrada do Feal, Filomena Dato e Río Castro.

A necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica “precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona” leva á empresa a realizar ese corte no subministro.

Dende a compañía solicitaron desculpas polas posibles molestias que poida ocasionar esta medida.

Lea también

A Biblioteca de Narón abre o martes 10 o prazo de inscrición na actividade infantil “Coñecendo a… Carlo Collodi»

A Biblioteca municipal de Narón abrirá mañá martes o prazo de inscrición na actividade infantil …