Conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano, Narón

A concelleira de Benestar Social, Catalina García, anunciou este miércoles, día 9 de marzo, a apertura do prazo para presentar traballos a dúas propostas organizadas polo Concello de Narón con motivo da conmemoración do 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano.

Os actos programáronse en colaboración con Acción Familiar Ferrol (AFA“co fin de darlle visibilidade á historia deste pobo e erradicar os prexuízos que existen aínda hoxe en día”, tal e como indicou a edil naronesa.

O alumnado do quinto e sexto de Primaria dos centros de ensino da cidade poderá participar na cuarta edición do concurso de relatos curtos “Cóntanos o teu conto do pobo xitano”. O Consistorio organiza esta convocatoria en colaboración con Acción Familiar Ferrol e a xoguetería local Din&Don. Este ano o tema a abordar neses contos será o da “Interculturalidade e comunidade xitana”, podendo presentar o alumnado ó que se dirixe os seus traballos ata o 25 de marzo. Eses traballos recolleráos persoal de AFA Ferrol o día 28 de marzo e optarán a tres premios para os mellor valorados por un xurado.

Así mesmo, tamén haberá unha proposta fotográfica aberta á participación da cidadanía en xeral, segundo apuntou García. A iniciativa anima a sacar un retrato cunha frase (por exemplo: Espazo libre de racismo, Opré Romá!, Roma Lives Matter, en referencia ó tratamento dos medios de comunicación-…).

As imaxes pódense enviar ó correo: minoriasetnicas@afaferrol.org, asinando unha autorización e dereitos de imaxe e protección de datos que se pode descargar da web www.naron.es ou solicitala ó citado correo de AFA Ferrol, para elaborar un vídeo que se publicará a semana do 8 de abril nas redes sociais do Concello co cancelo #Narónencaló.

Na web do Consistorio pódese descargar material con actividades coas que traballará tamén alumnado de terceiro a sexto de Primaria e coas persoas usuarias para achegar as contribucións do pobo xitano, a historia e a cultura.

García animou á cidadanía a participar nestas propostas, que complementarán os actos que se levarán a cabo no Concello, e que se anunciarán próximamente, para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano.

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …